Arranca na Universidade da Coruña o programa Marzo Ambiental

Serán máis de 50 actividades que terán lugar nas próximas semanas en distintas localizacións dos campus.

A Oficina de Sustentabilidade da Universidade da Coruña pon en marcha desde hoxe, 6 de marzo, e ata o vindeiro día 31 deste mes, a iniciativa Marzo Ambiental. Trátase dun ciclo con máis de 50 actividades que constitúe unha peza clave de educación para a sustentabilidade na UDC.

Un programa que conta coa colaboración dos Comités Green Campus da UDC e que abrangue actividades teóricas (palestras, mesas redondas) e prácticas (obradoiros, visitas técnicas, voluntariado ambiental), achegando unha perspectiva ampla á realidade climática e de sustentabilidade actual.

O programa, que inclúe actividades nos distintos campus da Coruña e no de Ferrol, complétase con dous concursos de fotografía, un de Bioarte, e outro de Flora e Fauna na contorna da UDC. Así mesmo, ponse en marcha unha iniciativa solidaria de doazón de libros, organizada na Facultade de Ciencias da Saúde durante todo o mes. 

A programación desenvolverase entre o 6 e o 31 de marzo, podendo escollerse o tema, o lugar e o momento da participación. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios