Visita guiada a Sargadelos con Guía tu día

Continúan as visitas guiadas para coñecer o territorio mariñá da man de Guía tu día.

A próxima será a mañá do domingo 16 de marzo na parroquia de Sargadelos no concello de Cervo. 

Sargadelos é lugar de parada obrigatoria pois nela atópase a Cerámica de Sargadelos, selo da identidade e cultura galegas. Pero tamén se atopan os restos das antigas fábricas de fundición e cerámica fundadas por Antonio Raimundo Ibáñez, comunmente coñecido como o Marqués de Sargadelos. 

Falaremos da súa figura e o seu innovador proxecto nun paseo guiado sinxelo que nos levará polo Conxunto Histórico Artístico, o Museo Histórico e o Camiño Real.

Unha vez rematada a ruta todo aquel que queira poderá quedarse a comer no Caseto de Copa en Cervo. O menú estará composto por empanada, lacón, postre, pan, bebida e café.

O derradeiro día para anotarse á comida é o 12 de marzo.

O prezo da visita é de 10€ persoa e de 25€ visita e comida.

Todo aquel interesado ou interesada pode contactar no teléfono 654 99 68 58 ou no email guiatudia@gmail.com.

Comparte éste artículo
No hay comentarios