A Xunta avalía coa Asociación Galega de Arte Corporal a colaboración para celebrar en Lugo novas edicións dos festivais ‘We Tatoo’ e ‘Oktoberink’

A segunda edición da cita ‘We Tatoo’ desenvolverase a fin de semana do 23 ao 25 de maio con máis de 20 expositores de estudos de tatuaxe e piercing de España e de Italia.

A Xunta abordou coa Asociación Galega de Arte Corporal a colaboración para celebrar en Lugo novas edicións dos festivais We Tattoo e Oktoberink, fixados para os meses de maio e outubro, respectivamente.

O delegado territorial, Javier Arias, reuniuse con Iván López e Nuria Carballido, presidente e secretaria do colectivo, para renovar o apoio do Goberno galego a estas citas.

A primeira delas, o Festival We Tatoo, vén de pechar as súas datas de celebración e desenvolverase do 23 ao 25 de maio no Mihl. Os organizadores prevén reunir máis dunha vintena de estudos de tatuaxes e piercings de Lugo e doutros puntos como Ourense, Madrid e mesmo de Italia, que darán a coñecer o seu traballo aos asistentes.

Haberá tamén unha zona gastronómica e música a cargo dos grupos Mad Martin Trío e Gin Toni’s. Como peche desta segunda edición do festival, o cómico galego Miguel Lago actuará no auditorio Gustavo Freire na última xornada.

Comparte éste artículo
No hay comentarios