O BNG solicita dende Pol, que se declaren de utilidade pública os tratamentos dos piñeirais afectados polas enfermidades das bandas  

Montse Valcárcel “ a entrada en Galicia da banda marrón do piñeiro é un motivo de preocupación para os propietarios forestais e tamén á industria de transformación, pois o fungo pode afectar a masas de piñeiro insigne que aínda se atopan lonxe da súa quenda óptima, obrigando a cortas prematura.

A  deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Montse Valcárcel,  denuncia mediante unha batería de preguntas no Parlamento Galego a situación que se vive nos montes de Pol, A Fonsagrada, Baleira, Castroverde ou a comarca de Meira, inclusoA Mariña ou A Terra Chá coa chamada enfermidade  de bandas das aciculas dos piñeiros (banda marrón e banda vermella). 

As bandas, tanto a vermella como a marrón, son enfermidade fúnxicas que causa a defoliación das coníferas e o seu debilitamento, polo que é aconsellable aplicar tratamentos para reducir o seu impacto. Nas masas de piñeiros galegas está a rexistrarse non só a afección da banda marrón e vermella senón que tamén se producen danos por outras enfermidades, como a diplodia e a cyclaneusma, causadas por fungos e cuxos danos a simple vista resultan moi parecidos ós das bandas. Resultando, que no monte está habendo un conglomerado de fungos cuxos efectos e síntomas sobre os piñeiros son semellantes e que se coñecen como os vermellos criptogámicos.

Nesta visita aos montes de Valonga e Lúa en Pol púidose constatar a afectación que os piñeiros teñen da enfermidade das bandas. “ Os piñeiros afectados comenzas a poñerse marróns pola parte baixa e logo o problema vai subindo e estendéndose, ata o punto de que algunhas árbores rematan por secar “ explica a deputada nacionalista.

Hai montes con repoboacións novas, que se volveron ver afectadas pola banda marrón, e por recomendación de expertos tiveron que talar ás arbores, “pero a Xunta de Galiza a pesares destes graves prexuízos non ten nada previsto para controlar esta praga” insiste Valcárcel.

O Bng reclámalle ao Executivo de Afonso Rueda declarar a utilidade pública dos tratamentos en áreas estratéxicas de piñeirais de Pinus radiata afectados polas enfermidades das bandas, “de xeito que sexa posible o acceso e actuación da Administración en predios privados, por causas de interese xeral, nesta primavera do 2025” conclúe Montse Valcárcel.

Comparte éste artículo
No hay comentarios