O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na inauguración das «I Xornadas Lugo Centro de Camiños a Cidade Sacramental», que se celebran hoxe e mañá na Delegación Territorial organizada pola asociación cultural Vía Künig, que preside Javier Gómez Vila.
Arias explicou que a Xunta apoia este proxecto porque «contribúe a poñer en valor aspectos do inmenso patrimonio histórico e relixioso de Lugo e o seu papel dentro das rutas xacobeas».
Así, estudosos e representantes de distintos municipios, asociacións e federacións de Galicia e de Castela e León falarán sobre a Vía Künig, os camiños de peregrinación por Lugo, os seus privilexios relixiosos -a exposición permanente do Santísimo e a Indulxencia Plenaria-, ou a cidade romana e medieval, entre outros aspectos históricos e relixiosos.