II Xornadas Tecnoloxía e Deporte organizadas pola SD Compostela e Turismo de Galicia

Interesante II Xornada de ‘Tecnoloxía e Deporte’ a celebrada onte no Museo das Peregrinacións e de Santiago con dous grandes ponentes como Miguel Ángel Leal, CEO de LaLigaTECH do 2021 ao 2024; e Lalo García, CEO de HubIN e Confundador de Galicia Sportecth Congress e CeltaLab 1923.

Ambos ilustraron aos asistentes sobre o uso da tecnoloxía no deporte en xeral e no fútbol en particular, expoñendo como o dato pode axudar, por exemplo, na toma de decisións dun club ou na experiencia do afeccionado español. Con eles abordouse este impacto tecnolóxico no deporte desde o prisma dunha patronal como a Liga de Fútbol Profesional, por un lado, e dos clubs, polo outro; analizando tamén como están evolucionando as solucións tecnolóxicas e cales son as ferramentas que marcarán o futuro.

Comparte éste artículo
No hay comentarios