O BNG defenderá no Congreso impulsar un plan integral de mellora e rehabilitación da N-640 en Galicia

Da Mariña até O Salnés, o BNG demandará o apoio do resto de forzas para exixir ao executivo desenvolver un plan de mellora, rehabilitación e adaptación desta estrada.

Un plan, sinala o deputado do BNG, que aborde os problemas derivados da falta de mantemento, os relacionados coa seguranza viaria, as deficiencias do firme ou a súa adaptación a travesía urbana ao seu paso polos diferentes núcleos de poboación.

A iniciativa do BNG será defendida por Néstor Rego na vindeira Comisión de Seguranza Viaria, previsibelmente este mércores, 26 de marzo, despois do pleno da cámara baixa.

Comparte éste artículo
No hay comentarios