A Deputación participou nesta feira que se celebrou do 28 ao 30 de marzo cun espazo propio onde participaron o Museo Estrella Galicia (MEGA), e o proxecto da Factoría baleeira de Caneliñas (Cee)
O patrimonio industrial da provincia foi protagonista, un ano máis, no espazo da Deputación na feira B Travel, que se celebou en Fira de Barcelona do 28 ao 30 de marzo. Concretamente, o museo MEGA de Estrella Galicia e o proxecto de recuperación da Factoria Baleeira de Caneliñas, en Cee, encabezaron a programación que a Deputación desenvolveu no seu stand. Unha programación que consistiu en presentacións, degustacións e talleres de catas de cervexa.
Ademais, a delegación provincial encabezada polo vicepresidente, Xosé Regueira e a deputada Soledad Agra, que asistiron á cita, presentou un fam trip polo territorio ante unha selección de operadores de turismo e axencias de viaxe de Cataluña. Este
«Na provincia da Coruña temos un gran potencial no tocante a turismo industrial», afirmou Regueira. «Nesta ocasión presentamos dous dos proxectos, de industria cervexeira e do patrimonio baleeiro de Cee, pero os exemplos son moitos e moi diversos: a conserveira, o patrimonio militar, os astaleiros…». O vicepresidente tamén se referiu ao turismo industrial como un «tractor» de «un perfil de visitante que valora a nosa identidade, historia e patrimonio, e que quere coñecer máis sobre o noso pasado, presente e futuro industrial». «De aí», engadiu, «que dende a Deputación da Coruña apostemos pola súa promoción en foros como estes, cos que conseguimos dar a coñecer ante un público moi interesado os nosos produtos turísticos de enorme relevancia».
A viaxe de familiarización que se desenvolveu durante a primeira xornada tivo tamén un moi bo acollida ante os profesionais do sector turístico. Unha actividade que serviu para poñer en valor a potencialidade do turismo industrial coruñés ante potenciais vendedores do produto en Cataluña. Concretamente, plantexouse unha viaxe arredor de dous eixos: a visita a 6 xeodestinos, tanto a zonas de costa coma de interior e combinando cidades co medio rural. E, por outro lado, combínase a temática máis puramente industrial (como poden ser as visitas a Mega ou a ruta da Construcción Naval) coa gastronómica, a través da campaña que está a traballar a Deputación «A Paisaxe que Sabe» contando con visitas a fábricas produtoras de queixo ou bodegas de viño e tamén coa artesanía, poñendo en valor tanto os modos de facer tradicionais (Ecomuseo Forno do Forte) como localizacións protoindustriais (Baleeira de Cee ou Astaleiro de Outes).![]()
Rematan así tres días dun evento máis nos que a área de turismo da Deputación promociona a provincia como «un destino turístico cunha gran diversidade de produtos e opcións, pero que sobre todo é atractivo pola súa autenticidade, os seus recursos naturais tanto a nivel de paisaxe como de produto e patrimonio, e a súa identidade, que debemos defender e preservar sempre como o noso principal gran valor», apuntou Regueira.