Sanidade pública: O BNG da Comarca de Meira chama a participar na marcha do 6 de abril en Compostela

O BNG da comarca de Meira realizou un reparto na feira para chamar á veciñanza para que participe na mobilización nacional convocada por SOS Sanidade Pública para o vindeiro 6 de abril. A xornada de hoxe contou cun reparto informativo entre a veciñanza a coa participación de militantes e de cargos orgánicos e institucionais do BNG das localidades afectadas polos recortes no PAC de Meira. A deputada nacionalista afirmou que a situación da sanidade pública galega é «alarmante», por causa dunha «xestión política nefasta que afecta gravemente a atención sanitaria das persoas usuarias». Rodil falou da situación do Pac de Meira , que recibe pacientes de Meira, Ribeira de Piquin, Pol, A Pontenova, A Pastoriza e Riotorto onde «nos atopamos con promessas incumpridas da Xunta de Galiza e o PP , onde levan dende o 2021 prometendo que se van facer obras de mellora e estas non chegan nunca»

Rodil explico que » a eliminación de facultativos na Ribeira e Riotorto fai que os pacientes teñan que acudir ao centro de Meira asumindo así pacientes pero sen ver incrementado o seu cadro de persoal o que provoca que exista unha sobrecarga de traballo»

Ademais, as listas de agarda, «que son enormes tanto en diagnósticos como en cirurxías», a falta de persoal en Pediatría «con centros pechados e sen asistencia en moitos concellos, afectando a saúde das nenas e nenos». Olalla Rodil afirmou tamén que é preciso dar a volta á xestión da Saúde Mental «con centos de miles de persoas á espera dunha atención que non existe debido á falta de profesionais no Servizo Galego de Saúde».

Por último, Rodil destacou a estratexia do PP consistente en privatizar a sanidade pública, onde puxo como exemplo a falta de investimento no sistema público, o que se pode ver «con derivacións á sanidade privada»

O BNG da comarca de Meira fai un chamamento á poboación para que se mobilice contra esta situación. O día 6 de maio, en Santiago de Compostela, terá lugar unha manifestación para demandar un cambio radical na política sanitaria do Partido Popular. A plataforma SOS Sanidade Pública convoca ás galegas e galegos para reclamar máis atención primaria, garantindo citas en 24-48 horas, máis atención hospitalaria, recuperando os hospitais comarcais a pleno funcionamento e rematando coa ocultación das listas de espera e máis sanidade pública, coa elaboración dun Plan de Saúde Galego que adapte os recursos ás necesidades, ademáis recuperar os servizos privatizados e as áreas sanitarias pechadas.

Comparte éste artículo
No hay comentarios