Esta tarde inaugurouse a exposición Amar a(mares) de Julia Ares, unha mostra das mellores creacións en vidro da artista coruñesa que permanecerá no Museo Provincial de Lugo ata o 31 de maio.
A exposición, comisariada por Luz Darriba e coordinada por Alejandra R. Rey, reúne 24 pezas entre obras de pé, de parede, colgantes e outras instalacións, que teñen como eixo temático o mar, un elemento indisolublemente ligado á súa traxectoria e inspiración artística.
Trátase de pezas de vidro reciclado fusionado ou termoformado en que predominan os azuis transparentes e metalizados e os verdes mariños, con outras tonos vermellos oxidados e amarelos resultado das oxidacións producidas polo contacto de metais a altas temperaturas.
Na inauguración da mostra, a deputada de Cultura Iria Castro encadro a mostra que “a exposición da forma parte da iniciativa (Re)coñecer, (Re)presentar, (Re)distribuír da Rede Museística Provincial de Lugo que busca dar visibilidade á obra de mulleres artistas cunha traxectoria trascendental e de gran interese”.
A comisaria da exposición Luz Darriba destaca no texto curatorial que “Julia Ares ocupa un espazo ben gañado entre as e os máis grandes, diso non temos dúbida. E xa vai sendo hora de que lle deamos a consagración que merece, sen mesquindade nin compracencia. O que ela ten ben gañado”
Julia Ares
Julia Ares fai parte dun reducido círculo internacional de artistas que traballan co vidro como a principal das súas materias, Experta en técnicas como esmalte sobre metal, vidrio fusionado ou vidrio termoformado, recibiu ao longo da súa traxectoría artística importantes recoñecementos e mencións en certames e bienais internacionais,
Unha das súas obras máis coñecidas son os 1.300 esmaltes integrados nas farolas do Paseo Marítimo da Coruña, unha das diversas intervencións creativas que realizou en espazos públicos e privados.
Conta tamén unha ampla actividade expositiva, coa participación en máis de 200 mostras en países como Xapón, Francia, EEUU, Hungría, Arxentina, Rusia, Lituania, Letonia e cidades como Madrid, Barcelona ou Tarragona. En Galiza, as exposicións individuais máis importantes que realizara ata a data foron no Kiosko Alfonso e no Museo Arte Contemporánea, na Coruña.