A UDC organiza unhas Xornadas de Portas Abertas no Campus da Coruña para Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior

O alumnado destas etapas educativas poderá visitar un total de 16 escolas e facultades os días 10 e 11 de abril, en horario de tarde.

A Universidade da Coruña, a través da Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade, organiza esta semana unhasxornadas de portas abertas para dar a coñecer as distintas facultades e escolas e as titulacións de graos que nelas se imparten. Serán o xoves e venres, 10 e 11 de abril, respectivamente. Trátase dunha iniciativa dirixida ao estudantado de calquera centro de Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior.  

As persoas participantes terán a oportunidade de coñecer as instalacións e osgraos que se ofertan na 17 facultades ou escolas e poderán interactuar co profesorado e estudantado do centro. Todo co obxectivo de que coñezan tanto as instalacións como o modelo de ensino e poidan consultar posibles dúbidas respecto a esas titulacións concretas.  

Co fin de facilitar o acceso, estas xornadas están organizadas en horario de tarde, de 16:30 a 20:30 horas. Para poder organizar grupos de xeito que sexa posible esa interacción, as persoas interesadas deberán inscribirse a través desta ligazón: https://udc.es/gl/futuros_estudantes/orientadores/xornada-de-portas-abertas-2025/ no centro que lle interese e no horario que máis se adapte ás súas posibilidades.

A persoa coordinadora xunto cunha representación do estudantado de cada centro exercerán de anfitrións, nunha visita guiada ás instalacións e nas actividades que propoña cada centro co obxecto de dar a coñecer a oferta académica. Pola súa participación recibirán unha bolsa exclusiva da UDC.

Comparte éste artículo
No hay comentarios