No teu día a día, atópaste con máis dunha fochanca ao percorrer un traxecto cuxo estado de mantemento deixa moito que desexar. Unión de Cidadáns Independentes , demanda o mantemento e adecuación da Rúa Sarela de Abaixo para evitar que cada día sexa máis intransitable.
José Luis Calo insistiu en que, a pesar das numerosas ocasións nas que se reivindicou a día de hoxe, nada se fixo, tal e como o demostran as continuas queixas dos veciños que se mostran fartos polo estado lamentable desta estrada. Sumándose, ademais, o problema da falta de limpeza periódica e roza das cunetas, o cal provoca acumulacións de barro e falta de visibilidade. UCIN solicita unha solución adecuada para evitar a acumulación de auga na devandita estrada, así como o arranxo, mantemento e conservación da mesma. Esiximos a instalación de sinalización luminosa nas curvas máis perigosas, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria, especialmente en condicións meteorolóxicas adversas.


Os Independentes, comentou Calo, seguimos co compromiso de seguir traballando en conxunto para mellorar a seguridade e o benestar dos veciños