A situación manténse como o primeiro día, con carencias graves de persoal facultativo especialista en dermatoloxía, neuroloxía, reumatoloxía, dixestivo, radioloxía, uroloxía, cardioloxía ou medicina interna.
Seguimos saíndo e saíremos para denunciar a degradación dun Hospital da Mariña sen capacidade para dar resposta as necesidades da comarca, e que resolve derivando aos pacientes ao HULA e o hospitais privados de Lugo, que mantén moitas das súas consultas pechadas e os pacientes en estado de abandono.