Rubén Arroxo: «O PP ten que informarse antes de lanzar acusacións sobre as obras da Tenencia de Alcaldía»

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, respostou ás declaracións do Partido Popular nas que se responsabiliza ao Concello de Lugo de aumentar a incidencia das inundacións en dous puntos concretos da cidade: a rotonda da rúa Serra de Meira e o encontro da rúa Fingoi de Abaixo con Afonso X.

Rubén Arroxo lembrou que a rotonda da rúa Serra de Meira foi executada pola Xunta de Galiza, non polo Concello. «Se hai inundacións nesa zona é porque a obra foi mal feita por parte da Xunta de Galiza, cunha mala previsión de puntos de drenaxe nesta zona», afirmou Arroxo.

Por outra banda, no que respecta a Fingoi de Abaixo, Arroxo lembrou que, coa actuación realizada pola Tenencia de Alcaldía o que fixo foi «incrementar o número de sumidoiros para mellorar a recollida de augas pluviais». Rubén Arroxo afirmou que «se o Partido Popular tivese consultado o proxecto antes de facer estas declaracións, sabería que o que fixemos foi aumentar a capacidade de drenaxe e non diminuíla».

Comparte éste artículo
No hay comentarios