PP de Lugo: “O mellor exemplo da incoherencia laboral de PSOE e BNG, está no Goberno Municipal, din unha cousa e fan outra”

No Día Internacional dos Traballadores, o Grupo Municipal Popular felicita a todos os empregados municipais que, malia a desorganización e a falta de planificación do goberno local, sostén día a día os servizos públicos da cidade con compromiso e profesionalidade.

Este recoñecemento contrasta co discurso hipócrita de socialistas e nacionalistas, que animan a participar en actos reivindicativos mentres contribúen desde o goberno local á precarización do emprego público e á vulneración de dereitos laborais.

O caso máis recente e grave é o do transporte urbano, onde os traballadores denuncian que no ano 2023 quedaron sen cobrar máis de 200.000 € en horas extra, unha cantidade similar se baralla para o 2024 e que a empresa concesionaria adebeda 97.000 € á Seguridade Social, sen que o Concello tomara medidas nin dera explicacións. Circunstancia que a pesar de ser denunciada publiamente o concelleiro responsable, o señor Arroxo, dixo en pleno “descoñer”.

Pero non é un caso illado. Son moitos os empregados municipais que teñen que acudir aos tribunais para reclamar o que lles corresponde, como ocorreu co persoal do desmantelado servizo municipal de augas, o caso da xefa de persoal e persoal de urbanismo. Tamén resulta significativo o que sucede co convenio propio de limpeza, do que o goberno leva anos falando sen que se convertera en realidade o que demostra a escasa sensibilidade dun bipartito que presume de progresista coas persoas afectadas que traballan nas dependencias e edificios municipais.

PSOE e BNG tamén privatizan  servizos esenciais como o SAF; Xantar no Fogar; a reparación de fugas de auga as noites e festivos … ou desmantelan servizos municipais como a brigada de augas.

O BNG é cómplice necesario do desmantelamento dos servizos públicos e o último exemplo témolo coa xestión do auditorio que manexa ao seu antollo con empresas privadas sen contrato para manexar a medida esta infraestrutura.

Desde o PP lamentamos que PSOE e BNG escollan a confrontación e a precariedade antes que asumir a súa responsabilidade co servizo público, mentres os traballadores seguen sufrindo as consecuencias da súa incompetencia.

O principal capital que ten a administración local son as súas persoas Lugo necesita un cambio “o  noso compromiso é claro: xestión, dignidade laboral e defensa firme dos servizos públicos como eixo central da acción municipal”

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios