O Congreso Rexional de Viúvas de Galicia reunirá na Delegación Territorial da Xunta en Lugo a arredor de 200 asistentes

A Asociación de Viúvas Julia Minguillón reunirá a arredor de 200 persoas no Congreso de ámbito galego que celebrará o 24 de maio na Delegación Territorial da Xunta en Lugo. A entidade lucense organiza este ano o encontro para conmemorar o 50 aniversario da súa creación, e contará coa asistencia  da presidenta nacional, Cristina Gómez, entre outros.

O delegado territorial, Javier Arias, e a presidenta da asociación lucense, Aurora Carro, deron hoxe a coñecer o programa de actos. A Xunta tamén colabora coa cartelaría e co concerto do Coro do Hospital no salón de actos, que pechará a xornada a partir das 20.00 horas.

O Congreso Rexional de viúvas comezará cunha misa na Catedral ás 11.00 horas; desde as 12,30 horas desenvolverase o acto oficial no edificio administrativo. O xantar será seguido da actuación do grupo “La penúltima Sabinera”, no hotel Méndez Núñez.

Comparte éste artículo
No hay comentarios