Hospital da Mariña. Día 17: Por todas e por todos, xa que coa nosa saúde non se xoga

Persoal e usuarios/as do Hospital da Mariña volveron mobilizarse hoxe martes para denunciar «a continúa perda de servizos».

Neste sentido, a protesta, convocada pola Xunta de Persoal critica a redución das prestacións médicas, a caída permanente de persoal en diferentes categorías e o traslado de prestacións sanitarias e persoas doentes ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) da cidade de Lugo, situado a máis dunha hora por estrada para boa parte dos concellos da Mariña.

Comparte éste artículo
No hay comentarios