O PP reclama ao Concello de Lugo que permita avanzar na solución para o comedor escolar de Fingoi II

O Grupo Municipal Popular volve poñer sobre a mesa a urxencia de que o Concello de Lugo autorice a instalación dunha aula móbil no CEIP Fingoi II, paso imprescindible para activar o servizo de comedor escolar antes do comezo do próximo curso.

O compromiso coas familias nace dunha escoita activa coa Asociación de Pais en Nais do centro e as familias.

•  10 abril: A voceira do PP, Elena Candia, reúnese coa ANPA do centro para escoitar as súas necesidades.

•  11 abril: O PP solicita unha reunión coa concelleira de Educación para trasladar a proposta.

•  15 abril: O concelleiro popular Javier Vázquez entrega persoalmente a solicitude, xa que a concelleira afirma non tela recibido.

•  22 abril: O concelleiro acode á concellería para tentar fixar data. A concelleira non estaba, e deixou recado.

•  23 abril: A ANPA tamén solicita formalmente unha reunión.

•  25 abril: A Xunta comprométese, tras reunirse con PP e ANPA, a estudar a instalación dunha aula móbil que faga posible o comedor.

•  9 maio: Reunión da ANPA coa concelleira. Case un mes despois do primeiro intento.

Os populares insistiron en que para nós “a conciliación é unha prioridade” os feitos demostran que cando se escoita e se actúa, hai avances. Grazas ao traballo conxunto coas familias e á resposta da Xunta, temos unha proposta viable enriba da mesa. Agora só falta que o Concello autorice a instalación da aula móbil”. “Animamos ao BNG a facilitar unha solución e a non demorar máis este asunto”.

(A fotografía corresponde á xuntanza que se mantivo o pasado venres 25 de abril coa comunidade educativa na que estaban representantes da Anpa e na que se abordou tamén esta cuestión)

Comparte éste artículo
No hay comentarios