Os infantís de J. Caamaño Arquitecto Santo Domingo Betanzos xogan a Final a 4

O sénior de Segunda División xoga o seu último partido na casa.

Partidos para todos os gustos nesta fin de semana para o Club Santo Domingo Betanzos. Porén, unha cita destaca na axenda sobre todas as demais: os infantís masculino do J.Caamaño Arquitecto disputan a Final a 4 da 1o División de Galicia en Riazor 2, nun escenario en que compartirán protagonismo con Novobasket Vigo -os seus rivais na semifinal do sábado ás 12.30h-, Obradoiro e Basquet Coruña. A Fase, na que ademais de decidir o campión galego da categoría se han dilucidar dúas prazas para o Campionato de España de clubs, poderá seguirse en directo a través da Canle de Youtube FGB TV. Suceda o que suceda finalmente na pista, nada pode reprochárselle a unha xeración que por terceira temporada consecutiva logra situarse entre os 4 mellores equipos de Galicia.

Pero as citas do Santo non quedan aí. Se La Goleta recibe na casa ao Cb Ledicia Redeiras de Moaña, no seu terceiro partido na fase de ascenso a Segunda División, o sénior desta última categoría xoga o seu último partido da temporada perante o seu público contra Arteixo (domingo 19.15h), co imperativo de deixar un bo sabor de boca nun curso no que non acompañaron os resultados.

Pola súa parte, as sénior de Grelo reciben ao Santa Baia de Boiro, coa difícil misión de darlle a volta ao -28 do partido da ida e conseguir a 17o praza da liga de Segunda División Feminina e as júnior de Infor-B pechan a competición en Ferrol enfrontándose ao Baxi, nunha fase en que se cadra mereceron máis ca ese 5o posto da liga Coruña-Ferrol en que han quedar con independencia do resultado final do encontro.

No que toca ao resto de conxuntos do club betanceiro, destaca o encontro que han disputar os cadetes de Grelo contra o Culleredo-B, no que se ha dirimir o 3o e 4o posto dunha liga tan disputada coma a da Coruña, na que competiron preto de trinta equipos. As cadetes de Decornaveira xogan na casa contra Xiria, os cadetes Rojo contra Compañía de María e as mini de Coruña Interiores intentarán seguir con paso firme na fase, recibindo ao Calasanz

Comparte éste artículo
No hay comentarios