UCIN volve esixir ao Goberno central o fin do “boicot” á eliminación das peaxes da AP-9

O Goberno central non apoia a apertura da autoestrada AP-9, principalmente polo alto custo que supón a ruptura do contrato de concesión coa empresa. O rescate da autoestrada suporía unha indemnización millonaria, que o goberno considera inviable. A isto súmase o apoio que o alcalde de Ames deu ás directivas de Pedro Sánchez no último pleno celebrado no Concello. Dende a Unión de Cidadáns Independentes cremos que é moi grave que Ames aínda non aprobase a súa adhesión á Mancomunidade de Municipios pola AP-9.

José Luis Calo, coordinador de UCIN Galicia, “referirémonos ao que acontece na propia política, é dicir, nos partidos ou colectivos políticos onde operan os que fan da política cuestións ideolóxicas e profesión, como é o caso do alcalde Blas García. Cuxa prioridade é “coarse” nalgunha lista como o seu antecesor, o exministro José Miñones, que lle permitiría vivir como soñaba baixo a comodidade dun bo soldo. En definitiva, os principais

motivos polos que o Goberno non apoia a liberalización da AP-9 son os custos económicos que suporía a recuperación da concesión. Dende UCIN non aceptamos o prexuízo que causa á cidadanía a non liberación das peaxes para unha infraestrutura que é vital para a mobilidade galega.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios