Sole Felloza contará este sábado, en distintas localizacións de Outeiro de Rei, historias escritas por Manuel María 

A actividade fai parte dun paseo literario pola parroquia natal de Manuel María.

 narradora oral Sole Felloza contará este sábado, 24 de maio, en distintas localizacións de Outeiro de Rei, relatos escritos por Manuel María. Faráo no decorrer dun paseo, aberto a quen quixer, pola parroquia natal do escritor, que organiza a Casa-Museo Manuel María, e que vai dirixido para público adulto e xuvenil. 

Durante a camiñada, de dificultade baixa, faranse unha serie de paradas en lugares de Outeiro presentes na obra de Manuel María, como o campo de santa Isabel, o regato do Cepelo, o adro da igrexa parroquial… Nestes espazos, Sole Felloza contará algunhas das historias do propio escritor publicadas en “A tribo ten catro ríos” e “Cando o mar foi polo río”. 

                                           
Actriz, dramaturga, fotógrafa e narradora, Sole Felloza é a directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica. Alén diso, imparte formación en narración oral e desenvolve unha salientábel labor de animación á lectura en distintas bibliotecas do país.


A actividade prevista para as 18 hrs, sairá da Casa-Museo Manuel María. Para asistir a esta actividade gratuíta é necesario facer reserva en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621



Comparte éste artículo
No hay comentarios