Exposición da pintora canadense Lisa Tognon no castelo de Pambre

O domingo 25 de maio ás 16 h será inaugurada no castelo de Pambre a exposición  da artista quebequesa Lisa Tognon «Corrredores sagrados» organizada polo Instituto de Estudos Ulloáns e a residencia de artistas palense Do Picho, en colaboración co concello de Palas de Rei.

Lisa Tognon trae á sala de exposicións do castelo de Pambre una serie de pinturas, con diferentes técnicas sobre papel xaponés, inspiradas nos corredores na paisaxe polos que se desprazan os animais salvaxes, a modo de camiños sagrados, coas que a artista denuncia a sobreexplotación da natureza.

Intervirá no acto a escritora canadense Claire Varin, especialista na obra de Clarice Lispector e autora de textos sobre a vida silvestre que publicou con debuxos de Lisa Tognon.

A continuación do acto, das 18 ás 21 h, nas instalacións da residencia Do Picho en Palas de Rei expoñeranse outras obras de Lisa Tognon, algunhas delas realizadas na Ulloa.

A exposición no castelo de Pambre permanecera aberta ata o 5 de xullo.

Comparte éste artículo
No hay comentarios