Xuntos por Lugo carga contra o veto ás dúas concelleiras do PP na Feira da Milagrosa: «As entidades veciñais deben unir, non separar»

Desde a Asociación da Cidade e do Rural Xuntos por Lugo queremos expresar o noso rotundo rexeitamento polo veto o pasado venres de dúas concelleiras do Partido Popular no acto inaugural da Feira de Produtos do Campo e Artesanía da Milagrosa.

Excluír do pregón a dúas persoas elixidas pola cidadanía, non é só un mal exemplo, senón tamén unha incitación á hostilidade e un golpe á convivencia pacífica.

Entendemos que o labor das entidades veciñais é construír barrio e promover a unión, non determinar quen ten ou non ten dereito a participar. En Lugo —e especialmente no barrio da Milagrosa— somos xentes tolerantes e defensores da convivencia baseada na pluralidade e no respecto mutuo. Calquera acción que fomente a división supón un paso atrás.

Por iso, desde Xuntos por Lugo desmarcámonos deste tipo de prácticas e reafirmamos o noso compromiso coa pluralidade, o respecto e a convivencia.

Comparte éste artículo
No hay comentarios