O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, pronunciou hoxe o pregón das festas patronais do barrio do Castiñeiro, en Lugo, que se prolongarán ata o domingo e que contan co apoio do Goberno galego.
Arias lembrou que a zona medrou rapidamente coa expansión da cidade desde mediados do pasado século, pero soubo respectar «o nome e o espírito» do antigo souto de castiñeiros, «que non foron varridos da contemplación nin da memoria».
Nesa liña, o delegado apuntou que «á beira dos vellos castiñeiros» construíronse edificios, implantáronse actividades económicas e creáronse dotacións públicas, dando lugar a «un puxante barrio que cada ano polo San Antonio convértese no centro da cidade».
Javier Arias tivo palabras de agradecemento para a asociación Nova Abella, como organizadora dos festexos, e en xeral para as asociacións veciñais que «crean comunidade promovendo espazos de encontro como este» e están ao servizo «dos seus propios veciños, do seu barrio e da cidade».