O día 5 de xuño é o día mundial do Medioambiente, un día para lembrar que lle decimos sí á vida silvestre, os bosques, os humedais, os ríos, os montes, á concienciación sobre o ruido, á conservación e protección do solo, ás árbores, á loita contra a desertificación, as montañas, á protección dos hábitats, á protección e calidade do aire, á protección dos mananciais, á reducción de emisión de CO2 , á protección da auga, á paisaxe, ao patrimonio, á protección da biodiversidade, así poderíamos seguir enumerando termos dos que nos lembramos apenas un día ao ano.
Dende a “Plataforma mina Touro O Pino Non” asistimos hai uns días a unha charla de Antonio Turiel onde falou dos 9 límites planetarios que foron identificados polo Stockholm Resilience Centre en 2009, aqueles que de superarse poden comprometer, por en risco a estabilidade e resiliencia do noso planeta e a vida nel.
En 2023 cuantificáronse eses límites e tamén se concluiu que seis dos nove límites estaban superados: cambio climático, cambios de auga doce, pérdida de integridade da biosfera, cambios no uso do solo, fluxos bioxeoquímicos do nitróxeneo e do fósforo, contaminación química.
En Touro e O Pino acumulamos experiencias que teñen a sua orixen na actividade extractivista que confirman que temos nas nosas terras unha das actividades máis depredadoras do medioambiente: a minaría. Trátase dunha das actividades máis contaminantes e que ocasiona os impactos máis negativos na biodiversidade, nas augas, na terra, no aire e que contribue a incrementar a superación dos límites planetarios polos efectos que produce na contaminación dos solos e augas, a deforestación, a modificación dos usos do solo, o consumo de auga doce e emisión de gases de efecto invernadoiro; os procesos de extracción e procesamento dos minerais liberan contaminantes químicos con metais pesados á atmósfera que se poden filtrar as augas superficiais e subterráneas afectando á saúde das persoas e da vida terrrete. A minaría xenera cambios na paisaxe, destrue montañas, acuíferos, contribue á perda de hábitats naturais incrementando a perda de biodiversidade.
Ningunha destas perdas se cuantifica, non incrementa a cadea de valor dos territorios, incrementan os gastos de fondos públicos nas reparacións do que deixan tras de sí do que nunca se fan cargo e non se subsanan nin compensan con patrocinios nin programas de compra de licenza social; a minaría verde e sostible non existe, será sempre un oximoron e incompatible coa defensa do medioambiente.
Solo repensando o modelo económico e os modelos de vida, a través de accións individuais e colectivas, seremos capaces de conseguir 365 días de medioambiente e non deixar para que as vindeiras xeracións un día ao ano para lembrar en imaxes o que se lles puido deixar e que non fomos capaces de facelo por pura avaricia.![]()