Concerto homenaxe ás cantareiras, no Ano Castelao en Lugo

A Asociación do estudantado do Cuarto Ciclo do campus de Lugo (USC), organiza un Concerto Homenaxe ás Cantareiras mañá, sábado, día 7, no fondo da praza Maior de Lugo.

Homenaxe a unhas mulleres que foron protagonistas do “Día das Letras galegas 2025” por preservaren a tradición e o noso idioma.

Homenaxe ás cantareiras Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Eva Castiñeiro Santos, de Muxía; Manuela Lema, Teresa García Prieto, Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, de Mens.

Homenaxe a todas as Cantareiras que dedicaron a súa vida a poñer en valor o noso idioma e a nosa música tradicional.

Homenaxe a todas as Cantareiras que dedicaron a súa vida a poñer en valor o noso idioma e a nosa música tradicional.

Homenaxe tamén a Daniel Castelao, neste ano de 2025, que o governo galego decidiu  adicalo ao seu legado e á súa memoria.

A Asociación do estudantado do Cuarto Ciclo do campus de Lugo (USC), para a realización deste concerto, conta coa colaboración da Area de Cultura, Turismo e promoción da Lingua do concello de Lugo e máis coa participación da coral “Solfa” (Compostela) e coa corla “Lucus Terra” (Lugo).

As corais “Solfa” e “Lucus Terra” interpretarán unha selección de cántigas tradicionais, populares e referentes a Castelao para compartilas con toda a veciñanza de Lugo que queira achegarse á praza maior.

Quedades todas, estades todos, convidados ao concerto de Homenaxe ás Cantareiras e a Castelao.

Fotografía. RAG

Comparte éste artículo
No hay comentarios