Para os populares, este feito reflicte a irrelevancia política de Miguel Fernández “Lugo xa pagou a súa falta de peso político coa supresión dun servizo a Madrid” lembrando como , a día de hoxe, resulta imposible facer unha viaxe de ida e volta no día a esta cidade, o que afecta aos lucenses que deben desprazarse por razóns médicas, laborais ou familiares. “Mentres outras cidades gañan frecuencias, Lugo perde servizos e alternativas”, lamentan os populares.
O alcalde de Lugo permite que se premie con reforzos de tren a cidades como Vigo e A Coruña —con aeroporto propio e por tanto alternativas para conectar con Madrid — mentres que Lugo queda á marxe malia depender exclusivamente do tren e da estrada para desprazarse. Os populares insisten en que Miguel Fernández leva desde 2015 no goberno local e nin el, nin os seus lograron nin tan sequera unha conexión ferroviaria digna con Santiago.
Por último poñen en tea de xuizo este anuncio lembrando que polo de agora o único que escoitaron foron parabéns ao goberno de Sánchez con eloxios e homenaxes ao Ministro Óscar Puente. Consideran que a reunión que hoxe anuncia o rexedor lucense debería ser co Ministro de Transportes para que para que retome o investimento necesario xa que recurtaron máis da metade do orzamento previsto en 2018 para a conectividade ferroviaria para Lugo.
Os populares insistiron en que non é de recibo que o alcalde de Lugo permita que se constrúa unha estación á que non chegan trens”.