Amnistía Internacional Galicia organiza a xira do activista LGTBIQ+ cubano Yoelkis Torres


O defensor de dereitos humanos estará en Ribeira, A Coruña, Allariz e Celanova entre os días 24 e 27 de xuño.

Amnistía Internacional Galicia organiza a xira de Yoelkis Torres, defensor dos dereitos humanos cubano. Yoelkis visitará diversas cidades e vilas galegas a finais do mes de xuño, coincidindo coa celebración do Día Internacional do Orgullo o vindeiro 28/06.

As veciñas de Ribeira, A Coruña, Allariz e Celanova terán a oportunidade de coñecer de primeira man a súa experiencia como activista LGTBIQ+ enfocado na defensa das comunidades afrodescendentes do seu país, a través do proxecto AfroAtenAs, referencia na busca da participación cidadá para o cambio social a través da arte e a creatividade.

As distintas paradas desta xira serán as seguintes:

4/06 ás 20h na Porta do Sol de Ribeira. Encontro organizado en colaboración con «Mulleres en Acción».

25/06 ás 19:30 no local de Amnistía Internacional A Coruña sito na Rúa Rafael Alberti 5.1ºC. Encontro organizado en colaboración con «ALAS Coruña».

26/06 ás 19h no Salón de actos lo local dos Maiores de Allariz. Encontro organizado en colaboración co Concello de Allariz.

27/06 ás 18:30h no Salón dos Arcos de Celanova. Encontro organizado en colaboración co Concello de Celanova.

Notas biográficas.

Yoelkis é un xestor cultural, activista e educador comunitario orixinario de Matanzas (Cuba). Foi fundador de AfroAtenAs, un proxecto sociocultural de referencia no seu país, que promove a acción comunicativa mediante a arte, a cultura e a memoria, a través dun enfoque antirracista, interseccional e dos Dereitos Humanos.

Na súa traxectoria vén impulsando procesos locais de transformación mediante a participación cidadá, a economía social e o empoderamento de colectivos vulnerables (especialmente de afrodescendentes, mulleres, xuventude e persoas do Colectivo LGTBIQ+). Igualmente, traballa en visibilizar a frocubanía na diáspora e a loita contra o racismo
estrutural en Cuba.

Así, contribúe a tecer redes de colaboración entre a súa illa natal, América Latina e Europa, con énfase na cultura como ferramenta de xustiza social. Como consecuencia, o seu labor é recoñecido por múltiples organizacións dentro e fóra das fronteiras cubanas, e está consolidado coma unha voz moi activa e comprometida coa inclusión, a equidade e a pluralidade.

Como investigador, é licenciado en Economía, Máster en Estudios Históricos e Antropolóxicos e graduado en Antropoloxía e Patrimonio e Máster en Educación para a Xustiza Social e dinamizador comunitario

Comparte éste artículo
No hay comentarios