O PP esixe data de apertura da residencia de Becerreá e ofrece colaboración se PSOE e BNG garanten a igualdade de prezos e condicións co resto da rede provincial

Ameijide recorda que “dende o primeiro minuto do mandato, defendemos a igualdade de trato para todos os lucenses” e, nese sentido, dende o Grupo Provincial Popular presentamos alegacións á proposta do goberno por recoller un prezo un 60% máis caro para os usuarios desta residencia que os doutras da rede provincial como poden ser, na mesma comarca, a de Navia ou Pedrafita, “algo que nos parece profundamente inxusto”.

O Grupo Provincial Popular esixe unha data para a apertura da residencia de Becerreá e, polo tanto, pide explicacións ao goberno provincial de PSOE e BNG que preside José Tomé sobre o que pensa facer á vista de que “non logrou aprobar a memoria sobre o seu modelo de xestión e funcionamento pola falta de apoio dos membros do seu propio grupo político dentro do goberno provincial”. 

Ante esta situación, os populares convídano a “recapacitar” e ofrecen a súa colaboración “sempre que o goberno de PSOE e BNG garanta a igualdade de prezo e servizo neste centro que noutros da rede provincial e atenda as demandas dos veciños de Becerreá e a comarca que presentaron 480 alegacións”; xa que “PSOE e BNG non as atenderon nin tampouco as do PP de Becerreá nin as presentadas polo Grupo Provincial Popular. Isto evidencia unha clara falta de diálogo deste goberno que preside Tomé que tamén se está a ver coa crise dentro das filas dos propios deputados do PSOE”, apunta o popular.

O portavoz engade tamén que “levamos anos esixindo a apertura deste centro, que leva tres anos e medio rematado e sen prestar servizo aos veciños de Becerreá e a comarca”; polo que “tendemos a man para chegar a acordos sempre que se garanta un trato xusto e igualitario aos veciños de Becerreá”. Ameijide insiste en demandar ao goberno provincial que “non xere desigualdades ou desequilibrios” e que “non diferencie entre veciños de primeira e veciños de segunda”.

O portavoz, Antonio Ameijide, recorda que “dende o primeiro minuto do mandato, defendemos a igualdade de trato para todos os lucenses e por iso presentamos alegacións á proposta do goberno por recoller un prezo un 60% máis caro para os usuarios desta residencia que os doutras da rede provincial como poden ser, na mesma comarca, a de Navia ou Pedrafita”.

A realidade é que o documento que propoñen PSOE e BNG “recolle non só a privatización do servizo, senón que supón que os futuros usuarios da residencia de Becerreá pagarán 810€ máis ao mes”. Un veciño dependente na rede de Centros de Atención a Maiores da Deputación actualmente paga 1.390€/mes, mentres que en Becerreá prevén que teñan que pagar 2.200€/mes polo mesmo servizo.

O popular incide en que “socialistas e nacionalistas teñen a intención de dar a xestión deste centro a unha empresa privada, baixo un sistema de xestión privada con canon 0”, outorgando “enormes beneficios á empresa adxudicataria” xa que, segundo a memoria que PSOE e BNG aprobaron no pleno de febreiro e que se publicou no BOP da provincia o 7 de marzo, prevén uns beneficios mensuais netos para a empresa concesionaria de entre 220.000 e 357.000€ e un volume total de negocio de 77.829.639,16€ ao remate dos 25 anos da concesión. 

CENTRO DE DÍA

Os populares piden tamén que “o goberno de PSOE e BNG poña en marcha ao mesmo tempo o centro de día previsto nas mesmas instalacións (40 prazas), un servizo que permanece pechado en todos os centros da rede provincial (Trabada, Castroverde, A Fonsagrada, Pol, Ribas de Sil, Navia de Suarna, Meira e Pedrafita do Cebreiro)”.

“A negativa do goberno provincial de PSOE e BNG a abrir os centros de día na rede de centros da provincia -de feito votou en contra en contra dunha iniciativa do Grupo Popular no pleno de maio- está a privar a unhas 200 familias -son 153 as prazas nas 9 residencias abertas e 40 as prazas previstas na residencia comarcal de Becerreá- destes servizos de atención que, ademais, favorecen a conciliación familiar”, incide Ameijide.

Comparte éste artículo
No hay comentarios