Elena Candia e Francisco Conde, no Comité Executivo Nacional de Feijóo

A presidenta do PP lucense e deputada autonómica, Elena Candia, unha das cinco vogais por designación de Alberto Núñez Feijóo no Comité Executivo Nacional do Partido Popular no XXI Congreso que se celebra esta fin de semana en Madrid a onde se desprazou unha importante representación lucense.

Tamén formará parte do Comité Executivo Nacional o vicepresidente e deputado nacional, Francisco Conde.

A representación lucense nos órganos de dirección do Partido Popular complétase con outros seis representantes que formarán parte da Xunta Directiva Nacional como membros natos: a presidenta de NNXX de Galicia, a deputada autonómica Nicole Grueira, os deputados Jaime De Olano e Cristina Abades e os senadores José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano.

UN RECOÑECEMENTO AO TRABALLO EN EQUIPO DO PP LUCENSE

Candia entende que “a presenza lucense na dirección nacional é un recoñecemento ao traballo en equipo de afiliados, simpatizantes, alcaldes, portavoces, concelleiros, deputados provinciais, autonómicos, nacionais e senadores” e “ao apoio dos lucenses ao noso proxecto”.

Así mesmo, trasladou o seu agradecemento pola “confianza” e, en nome de todo o PP lucense, “o compromiso por seguir traballando”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios