O PP de Muras esixe ao alcalde “explicacións” sobre as medidas adoptadas ante os danos na aldea etnográfica de Carelle

O Partido Popular de Muras esixe explicacións e responsabilidades ao alcalde, o nacionalista Manuel Requeijo, ante o abandono da aldea etnográfica de Carelle, a falta de atención e de adopción de medidas por parte do goberno municipal.
A portavoz, Eugenia Requeijo, avanza que “solicitaremos de xeito formal información para que o goberno local aclare se presentou denuncia polos danos nestas edificacións propiedade do Concello nas que, dende a vía pública, se aprecian portas e ventás rotas ou forzadas”.
A popular cre que “hai que adoptar medidas para evitar que se siga danando e perdendo valor”. De feito, pide que “o goberno local manteña a aldea coidada e en boas condicións”, que “adopte medidas de seguridade” e que “se manteñan pechadas as distintas construcións”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios