CIG Saúde A Mariña: «O Centro de Saúde de Foz, segundo día sen médicos/as pola tarde»

Contra a censura, información e pedagoxía.

Facer un chamamento ás persoas usuarias a entender que a única responsabilidade é da Xerencia, e non das traballadoras, tamén vítimas dos recortes e falta de planificación de quen dirixe a nosa sanidade.

Recoñecemento ao persoal.

Traballadoras que día sí e día tamén, fan un enorme esforzo para manter en pé a Atención Primaria, incluso poñendo en risco a súa saúde física e mental.

Informar de que existen follas de reclamacións e facer un chamamento á poboación a non canalizar o seu enfado contra as traballadoras, evitando así episodios de violencia verbal o física.

Só existen dous responsables: o Conselleiro de Sanidade e o Xerente da Área Sanitaria, Ramón Ares.

Por iso temos que movernos e recordarlles acotío que queremos unha sanidade e unha atención primaria forte, accesible e resolutiva.

Queremos a nosa sanidade pública, non a que nos están ofrecendo.

Se non fan nada máis é mellor que dimitan! Que se vaian! Que non nos rouben a sanidade pública!

Sanidade Pública! Sanidade para todas as persoas! Sanidade eficaz! Sanidade de Calidade! Sanidade de proximidade!

Comparte éste artículo
No hay comentarios