A voceira popular tamén destaca que Lino Rodríguez non ten pensado arranxar as pistas e camiños municipais, algo para o que o alcalde asegurou “non ter cartos reservados” e que “no caso de querer amañalos, pedirá fondos á Xunta”: “Ten que pedilos ao goberno galego porque á Deputación só llos pide para metelos no campo de fútbol porque a Lino Rodríguez non lle preocupan os veciños, só lle preocupa o fútbol”.
Os concelleiros do PP de Pol esixen a Lino Rodríguez que “pida desculpas inmediatas” á voceira popular, Nicole Grueira, por todos os insultos e faltas de respecto proferidas durante o pleno ordinario celebrado hoxe.
Nicole Grueira afirma que “o insulto e as faltas de respecto non teñen cabida na sociedade, pero moito menos nunha administración pública na que estamos representando a todo os veciños de Pol”. “Hoxe quedou claro o que cada día pensan máis veciños de Pol, que o alcalde non está á altura do cargo porque ante a carencia de argumentos para rebater ao PP recorre ao fácil, insultar”.
A voceira popular explica que durante o pleno celebrado esta mañá “o alcalde viuse moi arrinconado e sen saída ante a presión realizada polo Partido Popular polo que optou polo camiño sinxelo: insultar e realizar faltas de respecto persoais”.
Un pleno que tivo unha duración máis curta do normal e no que non se puideron debater todos os puntos xa que “o alcalde dixo que recortaba a duración da sesión porque tiña un asunto que atender”. “Que hai máis importante para un alcalde que representar a todos os veciños do municipio, algo que facemos todos no pleno”, recordou Grueira, que engadiu que “por mor desta decisión do alcalde non puidemos realizar todas as preguntas que tiñamos preparadas para o alcalde”.
SEN RECUSOS PARA AMAÑAR AS PISTAS E CAMIÑOS MUNICIPAIS
Nicole Grueira tamén fai referencia a un dos puntos debatidos no pleno de hoxe: a necesidade de arranxar as pistas e camiños municipais.
A voceira popular preguntou directamente a Lino Rodríguez si tiña reservada algún tipo de partida para poder amañar as pistas e camiños do Concello ao que o rexedor responde que “non tiña fondos preparados para ese fin e que no caso de decidirse a arranxar as pistas e camiños pediría os cartos á Xunta de Galicia”.
Neste senso, Nicole Grueira afirma que “o alcalde di que lle pedirá os cartos á Xunta porque á Deputación só llos pide para metelos no campo de fútbol”, unha decisión que amosa claramente que “en Pol temos un alcalde que en lugar de preocuparse polas necesidades de todos os veciños unicamente mira polo que a el lle importa: o fútbol, unicamente o fútbol”.