Poñemos de manifesto as necesidades do centro e do alumnado a nivel pedagóxico: a superación do máximo de 25 alumnos por aula, tal e como establece o Artigo 11 do RD 132/2010, do 12 de febreiro, e a elevada proporción de alumnos con necesidades educativas especiais (NEE) e necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) que se concentran nesta aula.
A pesar das reiteradas peticións, non temos recibido unha resposta positiva por parte das autoridades educativas. No vindeiro curso 2025/26 a aula de 4º contará con un total de 26 alumnos, dos cales 3 son ponderados, e decir, un ratio de 29 alumnos na aula.
Por esta razón, a ANPA reitera con urxencia as seguintes demandas:
- O desdobre inmediato da aula de 4º de Primaria, habilitando unha nova unidade e dotándoa dun mestre especialista en Educación Primaria a tempo completo, para garantir unha atención educativa axeitada e de calidade.
- Un departamento de Orientación propio, non compartido como esta actualmente, por ser insufuciente para dar unha atención adecuada o alumnado con NEE e NEAE
- A designación dun especialista en Audición e Linguaxe (AL) a tempo completo, xa que unha parte significativa do alumnado con necesidades de AL quedan sen atender ou recibe unha intervención claramente insufuciente.
- Un mestre/a de Pedagoxía Terapéutica (PT) adicional, para reforzar o apoio ao alumnado con necesidades educativas especiais e asegurar unha atención máis eficaz e continuada.
Solicitamos que a Xefatura Territorial e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos tomen as medidas oportunas para reverter esta situación e garantir o dereito a unha educación de calidade no CEP Xosé María Brea Segade.