A Xunta facilita unha parcela á comunidade de montes de San Pedro de Labio, en Lugo, para celebrar eventos veciñais

A Xunta facilitará un terreo en San Pedro de Labio, no concello de Lugo, para que os veciños poidan empregalo durante a celebración de distintos eventos de interese social. A petición parte da Comunidade de Montes da zona.

O delegado territorial, Javier Arias, e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Paz Rodríguez, reuníronse hoxe co presidente da mancomunidade, José Mouriz; a secretaria, Elena Rancaño; e o tesoureiro, José Luis Armendariz, para formalizar esta cesión gratuíta.

A parcela ronda os 3.800 metros cadrados de superficie e conta cunha edificación feita pola asociación veciñal da parroquia a finais dos anos 60, ademais dunha zona configurada como campo da festa.

Trátase dunha finca rústica que pasou á propiedade da Xunta como consecuencia do proceso de concentración parcelaria de San Pedro de Labio. Actualmente está incorporada ao Banco de Terras de Galicia, cuxa normativa prevé a posibilidade de realizar este tipo de cesións temporais para fins de interese social ou ambiental, sempre que sexan compatibles coa natureza dos terreos.

Os representantes autonómicos destacaron que este acordo enmárcase na colaboración do Goberno galego con entidades sociais e veciñais de toda a provincia para facilitar a organización de actividades que dinamicen e melloran a calidade de vida da cidadanía, en especial nas zonas rurais.

Comparte éste artículo
No hay comentarios