Presión do PP ao goberno de Sánchez dende o Senado para impulsar a autovía A-76 (Lemos-Quiroga)

Os senadores do PP por Lugo –José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano– defenderán unha iniciativa na Cámara Alta para instar ao Goberno de España a que impulse a execución da autovía A-76 entre Ourense e Ponferrada á vista de que “o Executivo de Sánchez non só non avanzou nada na nosa provincia nos seus 7 anos de Goberno, senón que en resposta oficial ás nosas preguntas recoñece que non ten planificación nin prazos”.

Os senadores presentaron esta iniciativa acompañados por alcaldes e portavoces de municipio da zona sur polos que discorrería esta infraestrutura “estratéxica para acceder á Meseta dende o interior da comunidade galega, vertebrando as comarcas de Quiroga, Lemos e Valdeorras, das provincias de Lugo e Ourense”.

“Esta infraestrutura forma xa parte da longa lista de incumprimentos do Goberno de coalición que preside Pedro Sánchez en materia viaria coa nosa provincia” mentres “os veciños das comarcas de Quiroga, Lemos e Valdeorras levan anos de espera pendentes da execución da A-76 que conectaría Ponferrada con Ourense”, explican. “A alternativa, a N-120, presenta importantes problemas debido á falta de mantemento ao sumar anos abandonada polo Goberno de Sánchez”, engaden.

O proxecto da autovía A-76, de algo más de 131 quilómetros de lonxitude, divídese en doce tramos. “Todos eles paralizados”, aclaran os senadores populares.

A autovía iníciase na provincia de León, entre Villamartín de la Abadía e Requejo (6,35 quilómetros). O seguinte segmento da autovía é o que une A Veiga de Cascallana co Barco de Valdeorras (Ourense). E o resto dos tramos: O Barco de Valdeorras-A Rúa (16,9 quilómetros), A Rúa- Figueiredo (6,59), Figueiredo-San Clodio (7,58), San Clodio-Carballo de Lor (13,52), Carballo de Lor-A Pobra do Brollón (7,62) e A Pobra do Brollón- Monforte (5,7 quilómetros) que completarían o seu percorrido.

O Executivo estatal anunciara recentemente a licitación dos tramos entre O Barco e Ponferrada, “que tampouco se materializaron”.

Os populares indicaron que “a situación de bloqueo desta autovía non é ningunha novidade”. De feito, “o incumprimento sistemático do pacto de investidura selado entre o PSOE e o BNG demostra a renuncia de ambas forzas políticas a impulsar eixos de comunicación estratéxicos para Galicia como son esta autovía A-76 ou tamén a autovía Ourense-Lugo (A-56)”.

O Executivo estatal nin avanza na planificación dos tramos necesarios para impulsar estas infraestruturas viarias, nin habilita os investimentos correspondentes, e, neste sentido, “pedimos que traslade aos galegos información rigorosa e transparente sobre o estado desta infraestrutura e as previsións reais que manexa en cuanto á súa execución”.

N-120 INTRANSITABLE

Os alcaldes e portavoces fan especial fincapé “no mal estado da N-120”, a principal comunicación das comarcas de Lemos e Quiroga para poder acceder á Meseta. Ante a falta de avances para a construción da nova A-76, “un proxecto que o Goberno de Sánchez ten no caixón” e a promesa do terceiro carril que non se fixo realidade; o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, defende que “o que queremos é que, cando menos, se arranxe a estrada que temos”.

Os alcaldes e portavoces advirten que os accidentes son habituais e sinalan que “hai tramos coma Quiroga-Valdeorras e Guítara-Ferreira de Pantón son completamente intransitables”.

Así mesmo, a portavoz do PP en Ribas de Sil, Sandra Macía, apunta que “no último ano e medio se rexistraron 32 accidentes -principalmente rebentóns- no tramo entre Rairos e O Castro de Abaixo”, segundo os datos da DGT. Igualmente, considera asombroso que “o PSOE leva 25 anos gobernando no noso Concello”e non fagan nada nin por traer a A-76 nin por arranxar o estado da N-120”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios