A IX edición da Romaría Internacional de ABANCA reúne a 400 invitados en Santo Estevo

ABANCA celebrou hoxe no Parador de Santo Estevo (Nogueira de Ramuín, Ourense) a novena edición da súa Romaría Internacional, evento anual co que a entidade reforza os seus vínculos cos clientes non residentes de distintos países de Europa e América. A cita congregou a preto de 400 invitados procedentes de Brasil, Venezuela, Arxentina, Panamá, México, Estados Unidos, Reino Unido, Francia, Suíza e Alemaña. 

A representación institucional de ABANCA estivo encabezada polo presidente do banco, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o conselleiro delegado, Francisco Botas, o conselleiro Pedro López, o director xeral de Negocio Internacional, Alfonso Caruana, e o director xeneral Comercial, Gabriel González. O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o alcalde de Nogueira de Ramuín, Julio Temes, e o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiron tamén ao evento.

Comparte éste artículo
No hay comentarios