A Tinería acollerá un novo comercio de regalos personalizados nun local de promoción pública da Xunta

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, fixo hoxe entrega dun local de promoción pública na rúa Tinería que acollerá un comercio de regalos personalizados, destacando que se dá un paso máis na revitalización desta zona do casco antigo da capital. 

Arias desexouse sorte nesta nova andaina á adxudicataria, Shirley Molina, unha moza emprendedora que xa deu os primeiros pasos co seu negocio mediante as redes sociais. “Detalles con amor” ofrecerá desde obsequios personalizados a decoración para celebracións, e contará con tenda física no número 30 da rúa Tinería cara ao mes de outubro, unha vez que se dote do equipamento necesario.

Comparte éste artículo
No hay comentarios