Os incendios están a calcinar o corazón do parque transfronteirizo do Xures-Gerês

Un principio básico das emerxencias é que os medios, materiais-técnicos-humanos, débense expander ou contraer en función das necesidades de cada intre, segundo manifestan as Amigas das Árbores de Ourense
Con bo criterio dende o primeiro día o «autarca» (Presidente da Cámara Municipal de Ponte da Barca) leva pedindo medios para facer fronte ao incendio que comezou no Lindoso e que está calcinando o corazón do parque transfronteirizo do Xures-Gerês, tamén pediu que se active o mecanismo europeo de Protección Civil, ninguén escoita, ninguén fai caso.
Lembran as Amigas das Árbores de Ourense que existe un convenio e protocolo de actuación entre os estados español e portugués, recollido no PLADIGA para actuar nos lumes dun lado e outro da Rai.
Mapa actualizado do calcinado até fai 5 horas (31-7-2025).
O lume que comezou no Lindoso leva dende o primeiro intre fóra de control, da Serra Amarela non queda case nada, as lapas xa están nas portas da Mata da Albergaria, do Campo do Gerês, da Serra de Santa Eufemia…
Son horas de que a Xunta de Galicia colabore e mande medios para axudar a extinción deste incendio que está calcinando o corazón do Xures-Gerês, de non facelo XA!!! mañá pode ser demasiado tarde e o lume, ogallá así non sexa, atravesará a Raia.
Os lumes ao igual ca natureza non entende das fronteiras artificiais creadas polos humanos

Como ben dixo un colega forestal portugués dos políticos do seu país «não tenhen vergonha na cara!!!».
Arde o Xures-Gerês por enésima vez e a pesares da triste experiencia dunha terra incendiada/calcinada aínda non aprendemos o principio básico das EMERXENCIAS «expanderse ou contraerse en función das necesidades»

Comparte éste artículo
No hay comentarios