Viveiro impulsa o turismo con 800.000 euros da Xunta para promoción cultural, deportiva e a Semana Santa

A Xunta e o Concello de Viveiro reforzan a súa colaboración para dinamizar o turismo local cunha achega global de máis de 800.000 euros. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e a alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, asinaron un convenio para a promoción do turismo cultural, deportivo e de ocio.

Esta colaboración inclúe o apoio a eventos como a Semana Santa de Viveiro, declarada Festa de Interese Turístico Internacional, e a organización de probas deportivas que aproveiten a situación xeográfica do municipio. Merelles destacou que o obxectivo é seguir impulsando o crecemento turístico na Mariña lucense, que no primeiro semestre de 2025 xa rexistrou un aumento do 4,5% de viaxeiros.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios