O PP de Lugo reclama ao goberno local celeridade para activar o servizo de comedor en Fingoi II e Quiroga Ballesteros

 Dende o Grupo Municipal Popular valoramos que se abra o prazo para solicitar praza nos comedores escolares dos centros públicos de Lugo, xa que se trata  dun servizo fundamental para a conciliación das familias e para a igualdade de oportunidades do alumnado.

O edil popular, Javier Vázquez, puxo de manifesto que “a estas alturas haxa dous colexios da cidade —Fingoi II e Quiroga Ballesteros— que seguen sen contar con comedor escolar e que o goberno local non ten previsión de cando podería comezar a prestar o servizo. O concelleiro do PP lamentou que a poucas semanas de iniciar o curso, as familias destes centros teñen máis dúbidas que certezas.

No Partido Popular seguiremos insistindo con rigor e en positivo, defendendo que todo o alumnado de Lugo teña os mesmos dereitos, con independencia do colexio ao que acudan.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios