A Federación de Servizos de CCOO, xunto con UGT e CIG, convoca unha protesta mañá mércores, 20 de agosto, ás 19:00 horas, no peirao de Calvo Sotelo da Coruña, para reclamar un convenio digno na hostalaría. O sindicato fai un chamamento á mobilización do persoal para facer visible o seu malestar, ao tempo que responsabiliza a patronal da precariedade no sector. Ao respecto, CCOO-Servizos manifesta o seu rexeitamento ás recentes declaracións de empresarios hostaleiros da Coruña, recollidas na prensa local, atribuíndo as vacantes de persoal á suposta «falta de vontade» das persoas traballadoras.
Os sindicatos responden que a falta de persoas dispostas a traballar no sector teñen que ver coa mentalidade da patronal, «incapaz de ofrecer condicións dignas»: salarios ancorados no SMI, xornadas por riba da legalidade, descansos insuficientes e mesmo a proposta recente para eliminar o complemento que permite cobrar todo o salario en caso de baixa médica.
Segundo o sindicato, esta dinámica fai imposible atraer ou reter profesionais e agrava problemas de saúde laboral xa recorrentes nun sector que rexistra altas taxas de baixas por patoloxías musculoesqueléticas, estrés e fatiga crónica. O sindicato advirte de que non se pode converter a saúde das persoas traballadoras en moeda de cambio para manter a rendibilidade empresarial.
Os sindicatos consideran que a patronal do sector debe asumir que a fidelización de persoal esixe un cambio profundo nas condicións de traballo. Iso pasa por salarios axeitados que reflictan o peso económico do sector, horarios compatibles coa conciliación e coa saúde, e o respecto aos dereitos recollidos no convenio colectivo.
Así mesmo consideran que o crecemento do turismo en Galicia, que supón xa un motor económico estratéxico, debe ir acompañado dun plan integral de desenvolvemento do sector desde a área de Turismo da Xunta de Galicia.
Como parte do dito plan, os sindicatos demandan investir en formación e profesionalización dos cadros de persoal, con itinerarios claros de cualificación; apostar por un modelo de emprego estable e de calidade, que non dependa da temporalidade nin das campañas estivais; adoptar medidas de prevención en saúde laboral; e habilitar mecanismos de corresponsabilidade empresarial que fagan compatible a rendibilidade co benestar das persoas traballadoras.
En conclusión, CCOO, UGt e CIG advirte de que o futuro da hostalaría galega só será sustentable se se basea no emprego digno, a profesionalización e a aposta por un modelo es