Amigas das Árbores: A Xunta silencia o devastador incendio de Pena Trevinca mentres as lapas arrasan o Teixadal de Casaio

A Xunta de Galicia está no punto de mira por supostamente ocultar un incendio de grandes dimensións que está a asolar a zona de Pena Trevinca. As imaxes e vídeos que circulan amosan a magnitude do lume, que xa afecta ao emblemático Teixadal de Casaio, un feito que a administración autonómica tentou manter en segredo durante case tres días, segundo denuncian as Amigas das Ärbores.

O lume, que se iniciou hai varios días, non foi recoñecido oficialmente ata hoxe pola mañá, 20 de agosto de 2025. Durante este tempo, mentres as lapas avanzaban sen control, a Xunta non emitía ningunha comunicación oficial, deixando a veciñanza e as organizacións ecoloxistas na incerteza.

A información oficial, que finalmente se fixo pública, é cuestionada. A Xunta afirma que a superficie afectada é de tan só 20 hectáreas, unha cifra que os testemuños e as evidencias visuais desmenten de maneira categórica. As fotografías e gravacións aéreas revelan unha paisaxe moito máis calcinada, evidenciando unha suposta estratexia de desinformación e minimización do impacto real do desastre.

Este suposto intento de «silenciar un feito» reflicte a grave situación na que se atopa a comarca. A verdade do que está a acontecer en Pena Trevinca esixe unha explicación e unha actuación inmediata.

Comparte éste artículo
No hay comentarios