O BNG de Vimianzo denuncia o retraso na licitación da servizo de recollida do lixo

O BNG de Vimianzo vén de denunciar o retraso que se está a producir coa licitación do servizo de recollida de lixo no municipio, e afirma que os tres anos de demora no proceso para o servizo de recollida de Residuos Sólidos Urbanos (RSU) “é deliberado”. 

Os nacionalistas acusaron ao goberno municipal “de querer aforrar cartos a conta dos traballadores e do servizo”, e lembraron que a alcaldesa, Mónica Rodríguez, “dispuxo dun ano de prórroga dende a finalización do contrato, ao que se lle deben sumar estes dous últimos anos nos que a empresa está facendo o servizo cun contrato caducado”. Para o BNG trátase “dunha situación completamente irregular e que incumpre a lei de contratación pública”.

O grupo nacionalista denunciou tamén “o estado lamentable da maquinaria, que leva anos sen renovación, así como unhas deficientes condicións laborais dos traballadores”. E insiste en que o Concello debe empregar os mecanismos necesarios para garantir aequiparación salarial entre os traballadores da empresa contratada e os empregadosmunicipais de categoría similar.  

Dende o BNG subliñan que “esta situación afecta negativamente á calidade do servizo”, polo que acusan ao goberno municipal “de irresponsable, por non atender as súas obrigas, que afectan a benestar da veciñanza e aos propios traballadores da empresa”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios