No Grupo Provincial do Partido Popular continúan co calendario de visitas a todas as comarcas e municipios da provincia xa que “o contacto directo cos veciños é o único camiño para coñecer os problemas dos lucenses e poder buscar solucións”, como na reunión celebrada onte coa asociación de xubilados A Moncloa, que trasladaron aso populares a necesidade de ampliar as súas instalacións así como renovar o mobiliario.
Os deputados do Grupo Provincial Popular mantiveron onte en Burela varias xuntanzas de traballo, dúas delas co Grupo Municipal Popular do municipio e coa asociación de xubilados ‘A Moncloa’, continuando así con política de “deslocalizar” as reunións de traballo e así poder valorizar a riqueza da provincia.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, destacou, en primeiro lugar, “o enriquecedor” da xuntanza mantida co voceiro popular en Burela, Manuel Rouco, eo todo os concelleiros do PP xa que “deste xeito podemos estreitar lazos, facer equipo e, sobre todo, coñecer de primeira man a realidade e as necesidades do municipio”.
O grupo provincial do Partido Popular mantén a liña iniciada ao comezo do mandato de deslocalizar as reunións de traballos e organización de grupo, que se convocan ao longo da provincia demostrando que se pode apostar polo trato igualitario na provincia, aproveitando ademais para convidar ás mesmas aos alcaldes e voceiros da zona.
XUNTANZA COA ASOCIACIÓN DE XUBILADOS ‘A MONCLOA’
Os deputados populares tamén coñeceron a asociación de xubilados ‘A Moncloa’, que ten a súa sede no porto de Burela, e na que puideron falar con varios dos seus membros, así como visitar as súas instalacións.
Durante a xuntanza, os deputados populares puxeron en valor o traballo no mar realizado polos membros desta asociación e tamén se interesaron polas súas necesidades, entre as que sobresaen a ampliación das súas instalacións e a renovación do mobiliario.