Compostela será o epicentro da Divulgación Histórica

Pedro Feijoo, Carmen Blanco, Xosé Iglesias, Lidia Merenciano. José Zoilo.. serán algúns dos relatores.

A vindeira fin de semana celébranse en Santiago de Compostela as primeiras xornadas Compostela Histórica, un proxecto de divulgación dirixido por Rodrigo Costoya. As actividades terán como epicentro o Instituto Rosalía de Castro e comezarán a mañá do venres 26. Neste caso asistirá alumnado do centro, e serán en torno a trescentos asistentes. 

A programación aberta ao público comezará a tarde do venres, ás 17 horas coa presentación a cargo de Valentín García, secretario xeral da Lingua. A inscrición é gratuita e pode facerse a través da web das xornadas: https://www.compostelahistorica.org/ Xa están inscritas preto de duascentas persoas, que sumadas ao alumnado do centro fai que as previsións da organización superen as cincocentas persoas dispostas a aprender e gozar coa Historia como eixe central.

Na xornada inicial do venres pola tarde intervirán Bieito Romero, Christian Gálvez, Pedro Feijóo e Julio Rodríguez.

O sábado 27 será a xornada completa adicada a escoitar sete charlas dun enorme interese. Ese día intervirán: Lidia Merenciano, José Zoilo, Luís e Alejandro Paadín, Xosé Iglesias, Merche Espiño, Carmen Sanjurjo e Fernando Patricio.

Para finalizar as actividades, nesta primeira edición, vanse entregar dous premios. Sentinela de Memoria, para unha persoa a título individual que teña un papel destacado na divulgación da cultura de Galicia e Lexión Irmandiña, para unha entidade que estea comprometida coa memoria e a historia do noso pobo.

As xornadas son posibles grazas ao financiamento da Secretaría Xeral da Lingua.  O director das xornadas está dispoñible para entrevistas (así como algún dos autores e autoras), Rodrigo Costoya: 679 48 31 30

Comparte éste artículo
No hay comentarios