‘Ecos dun Verán’ estrea o seu percorrido por festivais en Marín
Cúmprese un mes dende a participación de ‘Ecos dun Verán’ no MAC Marín, o festival de cine da localidade pontevedresa. Trala súa selección como finalista na sección Oficial de Webseries, ‘Ecos dun Verán’ prepara agora a súa estrea en aberto (e de balde) para todo o público.
A serie xira entorno a Loaira, unha moza que, recén rematada a carreira, non sabe que facer coa súa vida. Tras xuntar na casa da súa avoa aos seus amigos do instituto coas novas amizades da universidade, cada un deles coñecerá unha versión diferente dela. Todo isto detona a pregunta máis difícil para Loaira: quen é ela. Porque, ao final do día, ningunha desas versión é completamente certa, pero todas forman parte de ela.
‘Ecos dun Verán’ é unha webserie galega que explora temas como a autopercepción e os cambios vitais durante os seus 4 episodios, e constitúe o primeiro proxecto audiovisual de Álex Tajuelo e María Rego.