Ás limitacións impostas nos tramos en funcionamento, “hai que engadir que o Goberno de Sánchez non foi capaz de cumprir ningún dos prazos prometidos para finalizar esta autovía, o último o verán que vén de rematar, cando prometeron completar a vía que unirá a capital da nosa provincia coa capital de Galicia”, como lembran dende o PP.
O Goberno de Pedro Sánchez non ten intención de que a A-54 entre Lugo e Santiago dispoña na súa totalidade das características propias dunha autovía pois non contempla aumentar a limitación a 120km/h en varios dos seus treitos nos que actualmente está reducida a 100km/h.
Os senadores do PP lucense -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- formularon preguntas por escrito ao Goberno de España facéndose eco das queixas dos condutores que empregan habitualmente esta vía obrigados a circular a unha velocidade inferior da habitual.
“A resposta do Goberno limítase a indicar que a limitación da velocidade -unha excepción ao límite habitual para autovías e autopistas en España- se deriva da normativa vixente de trazado do Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, non é unha medida da Dirección General de Tráfico (DGT)”, apuntan.
Os populares tamén explican que o Goberno non aclara se ten previsto realizar algunha obra ou corrección no trazado para recuperar unha autovía “con plenas capacidades”, o que, ao seu xuízo, demostra “falta de vontade e conformismo” do Ministerio cunha situación que está a xerar malestar e incomprensión por parte dos usuarios que vén condicionado o uso habitual desta autovía.
SEN DATA DE FINALIZACIÓN
Os senadores lembran que ás limitacións impostas nos tramos en funcionamento, “hai que engadir que o Goberno de Sánchez non foi capaz de cumprir ningún dos prazos prometidos para finalizar esta autovía, o último deles superado o verán, cando o propio Ministro prometera e incumpriu completar a vía que unirá a capital da nosa provincia coa capital de Galicia”.