Máis de 700 profesionais entre gandeiros, técnicos e expertos daranse cita neste encontro de referencia para o sector.
Tras a inauguración, o programa técnico arranca o xoves 13 de novembro co relatoriode José Manuel Andrade Calvo, director da Fundación Juana de Vega (A Coruña), quen analizará a situación actual do sector galego e as súas transformacións recentes. A continuación, Felipe Fraga Martínez, do Servizo de Recría de Seragro, ofrecerá unha charla sobre os principios básicos de ventilación e orientación de naves de recría. Laura Molina Moreno, profesora asociada na Facultade de Veterinaria de Córdoba e experta en xestión integral en ganderías, abordará as enfermidades en idades temperás e o seu impacto duradeiro. Despois da pausa, Sandra Mella Ríos, traballadora da Finca Fonteboa (A Coruña), compartirá experiencias sobre a recría na súa explotación, seguida por Ares Rubies Corrales, auxiliar veterinaria especializada en xestión e formación de persoal na Granxa San José (Huesca), que ofrecerá un relatorio centradona recría como base do futuro vacún.
Tras o xantar, o estadounidense Jordan T. Matthews, socio de Rosy Lane Hosteins LLC (Wisconsin), falará da importancia das persoas e das vacas para lograr grandes retornos. Sonia Rodríguez Pazos, do Servizo de Reprodución de Seragro, disertará sobre o momento óptimo para a inseminación das vacas. Liliana Fadul, analista de datos en Lactanet, analizará o efecto do tipo de muxido sobre o pico de produción e a composición do leite, e Miguel Iglesias Naredo, xefe de produto de vacún de leite en Deheus, proporcionará claves para optimizar a alimentación en sistemas de muxido robotizado. O xoves concluírá co habitual Encontro Gandeiro destinado a fomentar o diálogo e a reflexión entre os asistentes.
O venres 14 comezará coa intervención conxunta de María Jesús Asorey Cea e Noa García Rey, de AUSUM, Asesores e Avogados, que explicarán o marco laboral no sector agrario e gandeiro desde a normativa ata a súa aplicación práctica. Víctor Novo Vázquez, xefe do Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, presentará o Caderno de Campo e as obrigas medioambientais. Javier Fernández López, do Servizo de Podoloxía de Seragro, falará sobre as vantaxes da revisión fronte ao traballo por lotes. Despois da pausa, Arturo Gómez, veterinario consultor e investigador en Zinpro, tratará o cambio de paradigma na prevención da saúde podal.
Pola tarde, Javier Bueno Lema, profesor titular na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra en Lugo, abordará a tecnoloxía e a intelixencia natural no sector gandeiro. Carlos Liste Pose, socio de Gandería Liste SL (Trazo, A Coruña), compartirá a súa experiencia na xestión de forraxes con maquinaria propia, e Juan Carlos Lodos Pérez, socio de SAT Lodos e Pérez (A Pastoriza, Lugo), falará sobre a produción de forraxes sen maquinaria. Finalmente, Pol Llonch Obiols, veterinario experto independente na Plataforma de Benestar Animal da Comisión Europea, explicará como a intelixencia artificial e a análise de datos están a transformar o sector leiteiro. A xornada finalizará coa clausura e o tradicional brinde do leite.