O encontro, que se celebra os días 16 e 17 de outubro na Facultade de Ciencias da Educación da UDC (A Coruña), reunirá a especialistas da avogacía, a xudicatura, a sanidade, as forzas e corpos de seguridade e o ámbito social.
ARede Galega Contra a Trata Sexual e a asociación Aliad Ultreia (Lugo) celebran os vindeiros 16 e 17 de outubrounhas xornadas que reúnen a profesionais, entidades sociais e administracións públicas para debater, reflexionar e avanzar na resposta integral ás mulleres vítimas da trata e a explotación sexual.
As xornadas, baixo o título “A vítima no centro: a atención á vítima de trata e/ou explotación sexual desde a detección ata o final do procedemento xudicial”, celebraranse no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (UDC), poñendo o foco na necesidade de situar ás vítimas no centro, para favorecer unha mellor resposta e restablecemento do dano sufrido. Desde un enfoque radicalmente vitimocéntrico, abordaranse os obstáculos xurídicos, psicolóxicos e sociais que afrontan as mulleres vítimas de trata e/ou explotación sexual ao longo de todo o proceso, desde a súa detección ata a resolución xudicial dos seus casos.
Tal e como sinalan desde a Rede, “poñer a vítima no centro non é doado: ás veces o procedemento, os protocolos, a burocracia ou os medios… condicionan demasiado a intervención”.
O encontro reunirá a profesionais da avogacía, a xudicatura, os servizos sociais, a sanidade, as forzas e corpos de seguridade e entidades sociais, co obxectivo de fomentar un espazo de diálogo, formación e coordinación entre todos os axentes implicados no traballo coas mulleres vítimas de trata e/ou explotación sexual.
Dúas xornadas complementarias
• Xoves, 16 de outubro – Xornada profesional (Aliad Ultreia)
Impulsada pola Asociacion Aliad Ultreia (Lugo), estaprimeira xornada estará dirixida exclusivamente a profesionais e axentes implicados que traballan en primeira liña coas vítimas, e abordarán as fases de detección, identificación e regularización administrativa.
• Venres, 17 de outubro – XIV Xornada da Rede Galega Contra a Trata Sexual
Aberta á cidadanía e a profesionais interesados/as, esta segunda xornada centrarase na vivencia da vítima no proceso xudicial, con relatorios que abordarán aspectos legais, forenses e sociais. Desde a Rede Galega Contra a Trata anímase á participación cidadá para favorecer unha maior sensibilización social ante esta realidade.
Un encontro consolidado
As xornadas da Rede Galega Contra a Trata celébranse cada ano en datas próximas ao Día Europeo Contra a Trata de Seres Humanos (18 de outubro). En cada edición abórdanse cuestións clave vinculadas coa trata e a explotación sexual, sempre en coherencia co traballo da organización, que a través da coordinación entre as entidades que a integran atende a mulleres vítimas de explotación sexual ou en situación de prostitución.
Programa
Xoves, 16 de outubro – Xornada profesional organizada por Aliad Ultreia
9:00h – Apertura de portas e presentación: Ana Barba Núñez, Coordinadora do Programa de Atención a Vítimas de Violencias Machistas de Aliad Ultreia.
9:20h – Inauguración e conferencia inicial: Roberto Barba Alvedro, Director Xeral de Loita Contra a Violencia de Xénero da Consellería de Política Social e Igualdade, e Carmen Martínez Perza, Delegada del Gobierno Contra la Violencia de Género.
10:00h – A detección das mulleres vítimas de trata e/ouexplotación sexual, con Gerardo Pardo de Vera Posada (Aliad Ultreia), Lorena Nieto Iglesias (Cáritas Santiago) e Gemma Blanco Martínez (Médicos do Mundo).
11:30h – Descanso.
12:00h – Criterios para a entrevista coa potencial vítima, con Félix Durán Garrido, Responsable de la Sección de TSH de la UCO.
12:30h – A identificación formal da vítima, con Nélida Font Jiménez, Subinspectora e Interlocutora Suplente Nacional en la Lucha Contra la Trata (Dirección General de la Policía y Comisaría General de Extranjería y Fronteras).
13:00h – Espazo de diálogo con todas/os os ponentes.
14:30h – Comida.
16:30h – O proceso de regularización das mulleres vítimas de trata e/ou explotación sexual e outras cuestións, con Julio A. Simón Blanco, Xefe da Oficina de Estranxeiría de A Coruña.
17:30h – A asistencia ás vítimas e os seus dereitos: opapel das administracións, con Roberto Barba Alvedro, Director Xeral de Loita Contra a Violencia de Xénero da Consellería de Política Social e Igualdade.
18:20h – Peche da xornada a cargo de Aliad Ultreia erepresentante do Decanato da UDC.